11.5.09

Dicionario de ausencias


[Redacción. 11/05/09] Algunhas das palabras que usan a cotío as xentes da Arousa non aparecen recollidas na norma oficial do galego, pero iso non significa que debamos renunciar a elas. En ocasións, o termo remite a unha palabra primitiva en latín, ou aparece recoñecido pola lingua portuguesa, pero noutras, descoñecemos por completo a súa orixe. Para facer unha compilación de todas esas palabras e tratar de dilucidar o significado e a ortografía correcta, abrimos este espazo de intercambio de coñecemento. A intención é ir ampliando e completando a listaxe, coa colaboración de todos os internautas interesados no mundo do léxico carcamán. Poden deixar as súas achegas, críticas e ideas a través dos comentarios.

 



A

-Abella de San Pedro: escarabello peludo voador, de comportamento aparentemente torpe, que eclosiona no mes de xuño, de aí o seu nome. De nome científico anoxia villosa, na Arousa é un becho tradicionalmente coñecido pola rapazada, que gusta de collelo.

-Abruíño: froito silvestre propio do verán, de nome oficial en galego "abruño". A planta é o abruiñeiro.

-Aguamorta: termo de uso na ría de Arousa para referirse ás medusas.

-Aguiuncho: cría de aguia, falcón pequeno.

-Alvado: vara do raño ou rasto. No e-Esraviz recóllese a entrada como cavidade onde entra o mango das ferramentas. (Tamén referido ás varas do raño, ver a entrada "xunguiño").

-Arnau: lagarto, de nome oficial en galego arnal.

-Avión: xogo de rapazas moi semellante ao "trúquel", pero con outro debuxo no chan diferente.

-Azougar: axordar, causar desconcerto ou turbación a alguén por efecto dun berro ou dun ruído moi forte.

B

-Barborecha: nome de paxaro, ferreiriño real, de nome científico Parus major.

-Bateeiro/a: persoa que posúe ou traballa na batea.

-Bichoso: denomínase así un tipo de alga mariña parda, que vive fixada aos cons e que presenta ao final das láminas unha especie de criptas ou bolsiñas de alto contido en iodo.

-Bodeón: (ou budión) peixe similar á maragota, de nome científico Coris julis. Na Arousa tamén se denomina "Señorita". Vén recollido no Estraviz.

-Bolondrón: bóla grande empregada no xogo infantil das bólas. (Para léxico relacionado, ver as entradas "guá" e "pelouro").

-Brúa: son da buguina que indicaba a hora de entrada das mulleres nas fábricas conserveiras.

-Bruso: cepillo de man ou mangado que se emprega para limpar o chan ou calquera superficie con sucidade difícil. Provén do termo inglés brush (“cepillo”).

-Burás: peixe semellante ao ollomol, moi abundante noutros tempos no mar da Arousa.

C

-Cacharreta: tiple, recipiente de latón que se usa como medida das ameixas. É de menor tamaño có cacharro.

-Cacharro: recipiente de latón cilíndrico duns 15 cm. de Ø que se usa como medida das ameixas. Introduciuse na Arousa a través das fábricas conserveiras. Nun cacharro caben tres tiples ou cacharretas.

-Cacho: carapuchón ou cefalotórax dos crustáceos. A acepción vén recollida no Estraviz.

-Cachola: centola. A orixe da palabra probablemente vén de cacho. (Para léxico relacionado coa centola, ver tamén "Ramón" e "Pepona").

-Caliche/calichada: orballo, xeada mariña.
Exemplo de uso: Está a caer caliche, vou poñer unha chaqueta.

-Calivera: os da Arousa chámanlles así aos de Vilanova.

-Camouco: con grande que vela (non queda tapado) nas mareas vivas. Hai faros cegos que reciben este nome en Ribeira e en Ons. O filólogo cambadés Francisco Fernández Rei recolle este termo, co sinónimo de "onda", na revista Ardentía nº1.

-Cantada: cada unha das poxas nunha subasta, xeralmente de marisco e peixe. As expresións con este termo refírense fundamentalmente á primeira cantada, a máis cara, ou á última cantada, a máis barata. O termo aplícase a todo tipo de cousas ou persoas para destacalas, para ben ou para mal.

-Capacho: especie de cesto con dúas asas para transportar cousas, usado sobre todo en actividades agrícolas e mariñeiras. Antigamente fabricábanse en esparto, agora son de material plástico.

-Carolada: charanga, banda de músicos. A orixe da palabra pode estar relacionada co termo latín choreus (coro). Exemplo: Xa veñen aí as festas, hai que avisar á carolada.

-Casota: refuxio que constrúen os rapaciños, xeralmente no monte, camuflado entre árbores e silvas, con pretensión de lugar secreto de reunión e de xogos.

-Cochado: dise do cabo ben trenzado, apretado. Tamén se pode aplicar a un nó. A acepción vén recollida no dicionario da lingua portuguesa.

-Cochar: durmir. Tamén se usa "cocha" para aloumiñar o sono dos nenos. Exemplo: cocha cocha cocha.

-Coito: co significado de couto, abrigo. Úsase no xogo infantil das agachadas para indicar que un está a salvo. Vén recollido no dicionario da lingua portuguesa.

-Corbeiro(s): mexillóns que medran nas pedras.

-Curricán: técnica de pesca, con diversas modalidades (de superficie, de fondo, de altura...). Tamén se usa esta palabra en moitos países de fala hispana.

-Changüí: pequena cantidade de diñeiro que se recibe ou gaña por un traballo. Termo adaptado do inglés change. Os mariñeiros que ían ao racú cobraban as gañancias que obtiñan da pesca cada sábado. A diario recibían unha pequena parte denominada "changüí" que non entregaban na casa e quedaba para os seus gastos particulares.

-Chocha fenda producida por un trompo ao largalo sobre outro trompo. O xogador que fai máis chochas é o vencedor moral do xogo. A acepción vén recollida no Estraviz. (para léxico relacionado ver "escorrendela", "liñón" e "piorna").

-Chumpar(se): botarse ao mar desde un lugar elevado. O dicionario de galego recolle o termo “chimpar”.

-Cristafallo: termo que se refire a algo mal feito ou a un conxunto de cousas desordenadas. Exemplo de uso: Deixei os meniños sós cinco minutos na cociña e fixeron un cristafallo.

D

-Dormiñento: cangrexo peludo que se move pouco e que ten por nome científico Atelecyclus undecimdentatus. No Estraviz vén recollido cunha acepción similar.

E

-Encacholar/encacholado: coller a cor do cacho (cocido), virar vermella a cara.

-Escorrendela: forza de xiro que adquire o trompo. Se ao largar o trompo este non baila, dise: “non me colleu escorrendela”. (para léxico relacionado ver "liñón" e "piorna).

-Escorrentaporcos: denominación popular humorística para referirse á banda de música, polo efecto que causaba nos porcos cando estes andaban ceibes polos camiños. Na Arousa o escorrentaporcos por excelencia era a banda de Vilanova.

-Esmadrazar: verbo que se usa en expresións do tipo “Choveu a esmadrasar”, é dicir, abundantemente e por todas partes.

-Espelma: cera, residuo das velas. Tamén existe a mesma palabra en catalán.

-Espurruñar: andar a remexer na terra coas mans ou coas patas.

-Estramio: estrume, herba seca para botar no chan dos cortellos e galiñeiros.

-Estrola: ruína. No xogo das bólas, por exemplo, cando un xogador lle gaña a outro e o deixa sen bólas, dise "mandino á estrola".


F

-Felucho: bote pequeno, con tipo de vela triangular. Embarcación caída en desuso.

-Furruxa/enfurruxar: cinsa, residuo das fogueiras / manchar de furruxa.

G

-Galopín: no dicionario de galego aparece recollido coa acepción de pillabán, pero tamén se pode usar co sentido de chuchón, larpeiro. Tamén se usa “galopinadas”. Exemplo: Non comas galopinadas que logo deixas a comida.

-Garamillo: Trampa simple de ferro, arame e madeira para atrapar paxaros. No dicionario e-Estraviz aparece recollido o termo "garamelo" cunha acepción similar.

-Garroa: vento que sopla no verán ao mediodía, normalmente despois dunha calma na que apreta a calor. Procede da boca da ría, do mar, por iso é fresquiño. Os de Cambados chámanlle vento mareiro. O Estraviz recolle o termo "garroas" co significado de vento forte do verán. Na Arousa non ten a connotación de forte, aínda que pode ser perigoso se vén de golpe cando o mar está en calma.

-Gaspacho: guiso de tradición local, elaborado con chícharos (o ingrediente maioritario), patacas e ovos. Poden consultar a receita no blog Ilha de Orjais.

-Geva: coloquialmente, muller, "tía". Americanismo con probable orixe de Venezuela.

-Golfe: alga mariña parda de láminas longas. O nome científico é Laminaria saccharina. A acepción vén recollida no e-Estraviz. No dicionario de galego aparece o termo con outra acepción.

-Golfeira: conxunto de golfes ou de algas mariñas.

-Gorado-a: dise de alguén que perdeu as forzas ou cansou en exceso por un traballo físico ou a causa dunha solleira.

-Gradicela: estrela de mar. Aparece recollido no dicionario Estraviz da lingua galego-portuguesa.

-Guá:: Xogo de bólas que consiste en empurrar coa uña do dedo gordo a bóla ata metela nun burato feito no chan denominado guá. O xogo consta dos seguintes pasos: primeira, truque, máis truque, pé, paso de bóla e guá. O termo vén recollido no e-Estraviz.

I

-Illola: embarcación simple feita de táboas para enredar os nenos. En catalán existen os termos "iol" e "iola" tamén para referirse a diferentes tipos de embarcación.

L

-Ladra: peixe moi común nas rochas, sen escamas e que non se come; pero rouba (de ahí o nome) o engado cando se están a pescar outras especies de interese. Ten por nome científico Blennius spp (varias especies), coñecido en castelán como "babosa".

-Lagarta: termo que denomina todo tipo de eirugas de bolboreta, a excepción da peluda.

-Lamparón: crustáceo que vive adherido aos cons da costa, tamén medra sobre cunchas de moluscos e nos cascos dos barcos.

-Larada: en sentido figurado, borracheira, media area.

-Leveán: (ou lebeán), pulmóns dos puchos.

-Liborio: Entroido, choqueiro, persoa que se disfraza no Carnaval con roupas vellas e a cara tapada para non ser recoñecida.

-Liñón: cordel usado para facer bailar o trompo. Vén no Estraviz. (para léxico relacionado ver "chocha", "escorrendela" e "piorna").

-Lombrigante: crustáceo, de nome oficial en galego "lumbrigante". Vén recollido no Estraviz.

-Lorche: Peixe de tamaño pequeno, cabeza grande e de pouco interese comercial, que pertence ás familias dos góbidos, blénidos, ofídidos e triteríxidos. O termo vén recollido no e-Estraviz. O dicionario de galego Ir Indo inclúe a entrada "lorcho" ou "lorcha".

-Lordeiro: que ten lorda, sucidade. O dicionario de galego recolle o termo “lordán”.

-Lustriga: 1. estruga, planta do xénero Urtica. 2. peixe semellante á raia que dá lustrigazos (pez torpedo en castelán).

-Lustrigar/lustrigazo: relampar / sensación de dor producida por un golpe dado cun utensilio longo e fino, pronunciado "lustrighaso".

M

-Magorros: intestinos do polbo, que se tiran por inservibles. Vén recollido no Estraviz.

-Maiolo: denomínanse así os chopos que aparecen aboiados, despois do desove de maio. O proceso déixaos fracos e  debilitados, polo que son vítimas fáciles de gaivotas e outros animais. Con frecuencia aparecen  sen cabeza, debido ás chanchadas de arroaces ou congros. O termo aparece no Estraviz con outra acepción.

-Mallado: perfecto, adxectivo que fai referencia ao bo resultado dunha acción. Probablemente o uso de "mallado" con este significado faga referencia ao peixe cando queda ben enganchado na malla.

-Mangallona : denomínase así un pequeno cangrexo comensal das bateas. O nome científico é Porcellana longicornis.

-Meca: sachiño pequeno, co mango curto, para "andar ao burato" (ver fraseoloxía). O termo aparece no dicionario de galego con outras acepcións.

-Merdear: chover, "picallar", caer chuvia fina e pouco abundante.

-Millarenga: nome de paxaro, na Arousa denomínase así ao pardillo común. No Estraviz vén o termo co significado de lavandeira.

-Miños: redes, arte de pesca parecida aos trasmallos.

-Mó: 1. moa. 2. pedra circular situada debaixo do piorno, entre a base da estrutura e os pés, coa función de evitar que suban os ratos. O dicionario de galego só recolle o termo “moa”. Si está recollido na lingua portuguesa.

-Molido: chámase así ao pano que as mulleres poñían antigamente na cabeza para amortiguar unha carga. O dicionario de galego só recolle o significado de trapo que se emprega para limpar.

-Morqueiro: a palabra vén de morca, unha especie de residuo graxento, negro e cheirento, procedente das sardiñas, que as fábricas conserveiras botaban nas praias, formando deste xeito morqueiros. Un 'morquento' é un merdento.

N

-Noto: noxo, asco. Exemplo: este cortello dá noto, hai que limpalo.

P

-Paparolo: especie de paxaro; tamén se usa co significado de "inxenuo" ou "papán" para dirixírmonos, dunha forma xeralmente cariñosa, a un neno pequeno.

-Papelucho: en plural, chámaselle así ao confetti.

-Patente: na fala mariñeira, chámaselle así ao recubrimento que se aplica na obra viva das embarcacións, é dicir, na parte que se mergulla no mar, para evitar que se adhiran ao casco parásitos e estercos. Utilízase co artigo masculino, ou sen artigo en expresións do tipo "dar patente".

-Peletra: pequena pedra ou lousa coa que se xoga ao "trúquel" ou ao "avión".

-Peligata: pronunciado "pelighata", adxectivo que define a unha muller arisca, que amosa comportamentos felinos, tales como rabuñar, fisicamente ou en sentido figurado.

-Pelón: camarón

-Pelouro: boliña pequena de metal empregada no xogo infantil das bólas. A acepción vén recollida no Estraviz. (para léxico relacionado, ver "guá" e "bolondrón")

-Peluda: eiruga da procesionaria do piñeiro, de nome científico Thaumetopoea pityocampa.

-Pepona: dise da femia adulta da centola que hai pouco que mudou o cacho e aínda está fraca. (ver tamén "Ramón"). No e-Estraviz recóllese a entrada co significado de miñoca.

-Pereiuco: (ou perelluco) froito do pereiuqueiro

-Pereiuqueiro: (ou perelluqueiro) arbusto, estripeiro, de nome científico Crataegus monogyna. Os froitos denomínanse pereiucos. O nome probablemente teña que ver coas peras.

-Pilla: termo usado coa acepción de salgado. Em portugués tamén existe a expresión "pilha de sal" co mesmo significado. Literalmente, "pilha" é unha morea de cousas apilhadas, e probablemente recibían este nome as salinas que se explotaron na Arousa durante a Idade Media. Ex: Esta empanada está salgada coma a pilla.

-Piorna: trompo pequeno. (Para léxico relacionado, ver "chocha", "escorrendela" e "liñón").

-Pisallada: merendola que se fai con amoras machucadas, miga de pan e azucre, típica do verán. Poden consultar aquí a "receita".

-Pochada: merda. Tamén se di de algo mal feito.

Q

-Quinteiro: Lugar onde se tiraban os restos orgánicos da casa, que xunto cos excrementos de animais, coma o porco ou as galiñas, empregábanse para estercar as leiras. Por extensión aplícase a lugares onde hai moita sucidade ou non están ben limpos. Os dicionarios de galego e portugués recollen o termo con outras acepcións.

R

-Ramón: centola cativa, o mesmo que a "pepona" pero no macho.

-Rascacú: denominación dunha especie de planta, ver "xilbarbeira".

-Rasteiro: persoa que vai ao rasto, unha aparello de marisqueo caído en desuso. Por extensión aplícase aós que van ao raño, un aparello similar e vixente.

-Relento: 1. Ventiño frouxo e frío, brisiña, acepción usada en expresións do tipo "relentiño da mañán". 2. Aplicado ás persoas, adxectivo que indica que alguén é "pouca cousa", un "ninguén". 3. Tamén se usa co significado de suxo, tal e como recollen os dicionarios.

-Roncón: especie de peixe (Balistes capriscus), tamén coñecido como peixe porco -porque ronca-, de corpo ovalado e aplanado.

-Ronza: adverbio que indica proximidade, contacto sutil entre dous obxectos ou persoas. Ex. Esa bici pasoume á ronza e case tira comigo. Tamén se di "á ronza ronza" para enfatizar.




S

-Samugueiro: arbusto que dá unhas floriñas brancas.

-Sapilandro: dise de algo ou alguén moi enlameado, moi manchado. Exemplo de uso: Vén coma un sapilandro.

-Sequeira: muller que vai á seca, que recolle ameixas e berberechos cando a marea está baixa.

-Señorita: 1. nome de paxaro, tamén chamado lavandeira. 2. Especie de peixe de cor alaranxada, de nome científico Coris julis tamén denominado bodeón.

-Socón: pulo, impulso que recibe unha cousa.
Exemplo de uso: Non sabe conducir, leva o coche a socóns.

T

-Tiple: cacharreta, recipiente de latón que serve de medida de referencia para as ameixas. (ver "cacharro")

-Torolla: excremento duro.

-Trallazo: golpe que se dá cunha tralla, o extremo máis fino dun cabo. Utilízase en expresións do tipo "levar un trallaso".

-Trillado: nome co que se denomina ao millo triturado que se lle bota ás galiñas, coñecido en galego oficial como "picón".

-Trúquel: Xogo popular de rapazas que consiste en debuxar uns cadrados no chan e ir lanzando unha pequena lousa denominada "peletra" en cada un deles, mentras se avanza á pata coxa, evitando pisar as raias cos pes ou coa peletra. O termo vén recollido no e-Estraviz. A orixe da palabra pode vir de trucar, bater contra algo.


V

-Vispeiro: (ou vespeiro) brocha construída cun pau e un cacho de trapo amarrado nun extremo, utilizada para darlle carena ás embarcacións.

-Viración: (pronunciado "virasión") vento fresco que sopra do mar para a terra, role que dá lugar á garroa. A palabra ven recollida no Estraviz coa grafía "viriaçom".

X

-Xavoco/a: parvo. Úsase normalmente en expresións do tipo "rir coma unha xavoca". Palabra recollida no dicionario da lingua portuguesa, e no Estraviz cunha grafía similar, "xabouco".


-Xilbardeira: (ou xilbarbeira) Planta subarbustiva, de nome científico Ruscus aculeatus, que dá un froito vermello cando madura. Tamén se denominá "rascacú" porque as follas acaban en punta picante. Na Arousa é unha planta abundante. O termo está recollido no Estraviz e nos dicionarios da lingua portuguesa.

-Xunguiño: cana que se engade ao extremo da vara do raño ou rasto para aumentar a súa lonxitude. A orixe da palabra pode estar relacionada con 'xungo', cana fina.

Z

-Zamoriña: molusco bivalvo, de nome oficial en galego zamburiña. Vén recollida no Estraviz.

-Zampallada: pronunciado "sampallada", chispa, borracheira.

174 comentarios :

Anonymous dixo

QUINTEIRO. Estercoleiro. Lugar onde se tiran os restos orgánicos, que xunto cos excrementos de animais, coma o porco ou as galiñas, empegábase para aboar as leiras. Por extensión aplícase a lugares ou sitios onde hai moita suciedade ou non están ben limpos.

e-Estraviz

s. m. (1) Aquele que trabalha ou trata de uma quinta. (2) Terreno descoberto e murado que forma parte da casa, curral. (3) Horta pequena. (4) Casa de campo. (5) Praça dum lugar ou aldeia rodeada de casas ou muros. (6) Aldeia, agrupaçom de casas campesinas.

Ir Indo

1 s m rueiro.

2 s m HIST Persoa encargada de cobrar o quinto.

Xerais (de quinta)

1 curral e terreo que está a carón da casa; eido.
2 especie de praza ou terreo comunal de reunión dunha aldea.
3 aldea, agrupación de casas aldeás.
4 individuo que ten arrendada unha quinta e cultiva as súas terras.

Verso do Alalá das mariñas:

"portelo do meu quinteiro"

Anonymous dixo

Vai unha expresión:

andar ó burato.

Andar ás ameixas localizándoas polos buratos que deixan na area e retirándoas unha a unha coa axuda dun sachiño pequeno ou mequiña. Vaia, creo que saeu outra, "mequiña", non figura como entrada. Só atopamos meca, e non fai referencia a aparello da terra ou do mar.

Anonymous dixo

Non vela boia.

Qué non te enteras. Falta de pericia ou habilidade que se presupón ou espera.

Anonymous dixo

chinglán.

Un tantometén.

expresión: Vai haber máis hostias que na boda de chinglán.

Anonymous dixo

¿Os de fora tamén poden participar?
Tenho escoitado pola arousa desir "acollonin"

Anonymous dixo

Penso que te refires a unha variante dialectal. Na Arousa facemos o infinitivo da primeira conxugación, verbos rematados en -ar, en -in, igual que na segunda e terceira. Cantín, barrín, parín, xuntín, flipín...

Anonymous dixo

Coa verba flor tamén temos varias expresións.

"Facer a flor". Preparar o lote para a venda, fundamentalmente de marisco, para que os exemplares máis prezados queden á vista e ocultar aquelas pezas menos valiosas, xeralmente as máis pequenas. Florear.

"Nunha flor". Momento de gracia, rapidez. "Collín a tasa nunha flor".

Anonymous dixo

ALVADO

No e-Esraviz recóllese a entrada cómo:

Cavidade onde entra o cabo (mango) das ferramentas.

Na Arousa dise vara do alvado, para referirse á primeira vara do raño ou do rasto, polo tanto é acorde con esta acepción. Pero tamén se emprega para referirse á propria vara. Dise "Terás un alvado para deixarme".

Tamén referido ás varas do raño. Cando necesitas unha pouquiña máis de vara, engádeselle unha última que se chama xunguiño. Penso que maioritariamente dise xunguillo. A súa orixe terá que ver con xunco, cana fina. Mais esta acepción non figura.

Temos unha expresión co termo vara relacionada con estas artes e que se popularizou. "Non me dá a vara". Non ten que ver con dar a vara de ser un pesado, de varear, senón co significado de non chegar, non alcanzar, non ser capaz de algo, non ter tempo.

Anonymous dixo

A verba cacho figura tanto no Ir Indo como no e-Estraviz có significado do corpo dos crustáceos.

Pero na Arousa empregamos unha expresión para referirnos ó marisco cando está gordo, "non cabe no cacho", tamén se pode referir a persoas. Significa o mesmo que non caber na cuncha, ou está coma un ovo.

Anonymous dixo

Arría cabo. Abandonar, deistir, fuxir, flexibilizar unha postura.

Unha vez escoiteille a un mariñeiro, andando de viños, cando propoñía ir a outro lado, nun castelán con moita intención, por aquelo da solemnidade, o que me pareceu a maior exemplo de desmitificación da constitución española que nunca escoitara, decir o seguinte:

"Como dise la constitusión, hai que arriar cabo hasta el risón".

nailla dixo

Graciñas! Irei engadindo todas a palabras e a fraseoloxía pouco a pouco, non vos preocupedes se non vedes subida a vosa proposta ao momento.

Anonymous dixo

Pepona: Femia adulta das centolas que hai pouco que mudou o cacho por derradeira vez e aínda está moi fraca. No e-Estraviz recóllese a entrada co significado de miñoca.

Ramón: O mesmo que a pepona pero no macho.

Son centolas que están fracas, faroles, en definitiva cativas. E con cativa, temos a expresión "está cativa coma unha arola", que tamén se pode referir ás persoas que están delgadas.

Anonymous dixo

Cantada: Cada unha das poxas na subasta.

Aparece a entrada mais non con este significado.

As expresións con este termo refírense fundamentalmente á primeira cantada, a máis cara, ou á última cantada, a máis barata. Exténdese a todo tipo de cousas ou persoas para destacalas, por ben ou por mal.

José Luís do Pico Orjais dixo

Acho que era na do Pataqueiro onde comprávamos GARAMILHOS, umas armadilhas para os pássaros. No Estraviz aparece GARAMELO, mas a nossa variante acho que não se encontra recolhida em nenhum dicionário. Outra expressão que me parece engraçada é a de "a ronça ronça" que diziamos por exemplo quando a bola passava pertinho do pau da baliza.
Contou-me meu cunhado, que na Arousa usavam como insulto MORQUEIRO, mais ou menos como sinónimo de merdento. A palavra vem de morca, o surro de azeite que deitavam os esgotos das fábricas e que deixavam os cons pretos e as praias, cheironas.

Anonymous dixo

Seneira: Sustantivo. Cordel ou arame suxeito polos extremos, en que se tende a roupa para que se seque.

Anonymous dixo

Coma o porco. Aplicamolo cando algo e grande ou moi voluminoso. E cando nos referimos a algo en abundancia: Coma area

Anonymous dixo

Sineira figura como entrada no ir indo, e-estraviz, xerais, etc. O significado que lle dan entre outras acepcións é o de corda de esparto. De aí pode vir a orixe do significado que nós lle damos de tendal.

José Luís do Pico Orjais dixo

Sineira vem de sino, como torre sineira, a torre onde há sinos (campas) que emitem sons com os que se enviam mensagens. Também são sineiras as bandeiras dos barcos, pelo que acho que ai estaria a origem, numa engraçada similitude entre a roupa pendurada na corda e as bandeiras com as que se enviavam mensagens duns barcos a outros.

Anonymous dixo

Garamilho s. m. Armadilha para colher pequenos animais, especialmente ratos.

Fonte: e-Estraviz

Anonymous dixo

Ir Indo

sineiro -ra
1 s Persoa responsable de tocar os sinos.
2 s Persoa que fai ou fabrica sinos.

sineira
< sino
s f Corda de esparto

Xerais

Máis ou menos da as mesmas definicións. Con respecto á orixe, distingue, aínda que con interrogación, sineira viría do latín seo e, sineiro do latín signu.

e-Estraviz

Sineira s. f. (1) Mulher que toca sinos. (2) Abertura na parte superior da torre ocupada polo sino. (3) Corda de esparto de 10 a 12 braços que colga de cada um dos galhos da casea. (4) Boia de cortiça das redes de pesca pintada e colocada a intervalos regulares entre as outras, à qual se amarra a ponta do cabo com que se principia a levantar a rede.

Sineiro s. m. (1) Aquele que toca os sinos, por ofício ou necessidade. (2) Fabricante de sinos. (3) Zool. Ave americana da família dos turdídeos, cujo canto é similar ao toque dos sinos. adj. Em que há sinos [de sino].

Seneira s. f. Corda delgada de esparto para arriar ou retesar as redes de pesca.

Anonymous dixo

Penso que hai confusión con seneira sineira. De calquer maneira, en ningún dos tres dicionarios consultei recollen a acepción nosa de tendal. Na Arousa temos claro o que é unha sineira ou seneira. A ninguén se lle ocorre si túa nai che manda tender a roupa na sineira ir á torre da igrexa ou ós códigos dos barcos si estamos nas festas do carmen.

Anonymous dixo

Corbeiro(s): Mexillóns que medran nas pedras.

Arneirón: Crustáceo cirrípedo que medra nas pedras, competindo cos corbeiros e que deixan feridas cando rozas cone eles.

Lorche: Peixe que en galego se chama lorcho.

Balda: Recipiente metálico con asas e tapa no que se transportaba a auga desde a fonte ata a casa.

Xuaniña: Nome do insecto chamado en galego xoaniña. Tamén reciben este nome as bolboretas (creo).

Lebeán (ou leveán): pulmón. Polo menos así lle chamaban os carniceiros ao pulmón dos puchos.

Calivera: o que en castelán é calavera.

Anonymous dixo

Abruíño: Froito silvestre de nome oficial galego abruño. A planta é o abruiñeiro (abruñeiro en galego oficial).

Hai perelluqueiro na lista, pero falta perelluco, o froito.

Señorita: Nome do paxaro coñecido en galego como lavandeira (lavandera en castelán).

Armadilla: Xogo popular no que se facía saltar un pau e habíalle que dar cun bate. Tamén se chamaba armadilla a unha trampa para cazar paxaros: Un aro de pau de loureiro cunha rede de pesca que se poñìa nos lugares a onde ían bever. Tirando dun cordel caía sobre os paxaros.

Anonymous dixo

Peletre: xogo popular das rapazas. marcábanse liñas no chan e dándolle patadas a unha lousa procurando que non quedara nunha raia.

Guá: Burato feito no chan no que remataba a xogada das bolas cando se xogaba ao guá (primeita, truque, máis truque, pé, paso de bola e guá).

Anonymous dixo

Lombrigante (con gh, claro): O que en galego se coñece como lugrigante ou lobrigante).

José Luís do Pico Orjais dixo

Acho que os anónimos deveriam numerar-se para seguir o fio dum bate papo. É evidente que nunca pensei que a gente na Arousa andivera a pousar a roupa nas torres ou nos arames dos barcos. Simplesmente, e sem qualquer rigor científico, que achava não era a intenção deste blogue, assinalava uma possível analogia, algo que sim é frequente ocorra, como dizer: vou lavar ao rio, quando em realidade vás lavar à fonte dum lavadeiro.
Alegro-me muito de que se esteja a ter como dicionário de referência o do Dr. Estraviz. Foi o meu mestre e é o meu amigo. Lembro duma volta que uns amigos organizamos uma palestra dele num bar da Arousa na que nos falou do nosso idioma em termos absolutamente didáticos. Uma coisa só. O fato de que um verbete esteja no Estraviz, não resta originalidade ao termo. Estraviz recolhe palavras que têm um âmbito muito reduzido, às vezes já quase desaparecidas por completo.
Por último, é curioso o de PELETRE. Eu nunca escutara essa palavra até que fui mestre, desde logo não na Arousa. Acho que nós chamava-mos-lhe AVIÃO. Depois escutei peletre na Estrada, por exemplo, mariola e incluso o castelhano rayuela, mas em nenhures voltei escutar AVIÃO. Alguém se lembra?
P.D. Amigo Anónimo nº X: Em próximas conversas prometo um maior rigor lexicográfico.

Anonymous dixo

O post fala de dicionario de ausencias, palabras que non figuran "na norma oficial do galego". Para min o e-Estraviz é un dicionario galego. Outra cousa é a norma. O ámbito do dicionario está claro no post, mais xa que se plantexa esta dúbida igual sería bo que o autor do blog o explicase máis polo miudo. Eu en calquer caso o que si fixen foi introducir termos que aínda figurando nos dicionarios non se recolle a acepción nosa. Cando aparece só no e-Estraviz tamén dou o dato, igual que si aparece no Xerais ou no Ir Indo. Penso que deberíamos poñer a búsqueda que fixemos, dicionarios consultados, etc.

Tamén penso que non se pretende un estudo para unha tese doutoral, sin embargo opino que certo rigor nunca está de máis.

Por certo, algúen coñece algún dicionario portugués en liña?

Xa no debate sineira-seneira. Si ben penso que as dúas teñen a súa orixe no latín sino, a diferencia radica en que sineira ten máis que ver cos sinos ou sinais e seneira cos senos, relacionado coas cordas. Seno emprégase moito no mar.

José Luís do Pico Orjais dixo

Há vários, tanto de português continental como do Brasil. Eu recomendo o Priberam http://www.priberam.pt/DLPO/.

Juan dixo

Onte engadín algunhas palabras que non atopei no diccionario galego. Acordeime tamén dunha verba que me resulta moi bonita: pero pensaba que tiña que estar, por forza, no diccionario. A verba é "millarenga", nome que se lle da na Arousa a un paxaro. Nestes momentos non estou moi seguro; pero creo que se refire ao reiseñor. Tentarei confirmalo.

Na Arousa dixo

Efectivamente millarenga non figura no Xerais nin no Ir Indo, mais si no e-Estraviz. Segundo este útltimo a millarenga é unha lavandeira (motacilla alba, cinerea, flava e outras máis). Non sería polo tanto un reiseñor (Luscinia megarhyncha). Coincido contigo, é un nome fermosísimo.

Non podo deixar de comentar o que puxeches noutro comentario: "Paréceme moi interesante esta recopilación de termos carcamáns, pois con esto do galego oficial estanse a perder". Supoño que é un comentário sobre a marcha e sen moita reflexión. Penso que é un gran erro decir que a perda de vocabulario galego se debe á normativización do mesmo. Hai milleiros de críticas que se lle poden facer á normativa, mais penso que ese comentário non é axeitado. A inmensa maioría dos termos e expresións que estamos achegando nonas aprendemos na escola, nin na tv, foron transmitidas oralmente, correspondíanse cun xeito de vida e cun entorno que está a desaparecer. Este penso que é o motivo. Cando había un cros escolar, entre os dez primeiros había oito da Arousa, estabamos todo o día correndo e saltando, hoxe os nenos da Arousa están coa play igual que os da contorna, e só destacan os que teñen condicións innatas. Os camiños eran da xente, hoxe son dos coches e motos. Incluso as prazas.

Propóñoche unha proba. Mañá pregúntalle ós teus alumnos que tempo fará pasado e porqué. Non lles preocupa nin vai ter moita repercusión nas súas vidas. Sin embargo, hai trinta anos si que o sabían porqué mañán irían ó mar.

Outra cousa. Seguro que tes o traballo de Barborecha. Pódelo engadir a este blog no proxecto de talasonimia ou ó dicionario de ausencias.

nailla dixo

Xa engadín moitas das novas palabras e expresións ao dicionario. Pois si que hai!

A idea inicial era compilar termos que se usan ou usaron na Arousa e que, sendo galegos, non están recollidos na norma oficial. Intuía que no portugués estarían moitas das claves, pero non contaba co Estraviz, do que xa estou vendo a súa gran utilidade.

Este dicionario será o que vós queirades que sexa. Sempre que teña o dato, indicarei na definición da "ausencia" (ausencia con respecto á norma oficial) en que dicionario si se recolle o termo ou acepción.

fanequinha dixo

Duas mais:
"o rapás de abordo" mais "vouche ponher a andar"

nailla dixo

Na Arousa, estou de acordo contigo en que a perda de vocabulario galego non se pode atribuír á normativización, pero do mesmo xeito considero que o dicionario de galego debería ser máis flexible e aberto, e incorporar moitas máis palabras que existen, son nosas, e non están contempladas.

Se eu teño que escribir en galego para un medio de comunicación, por exemplo, ou para calquera ámbito "oficial", corríxenme as palabras que o dicionario non contempla. E tampouco llas aprenden aos nenos na escola. E por que non lle imos chamar lamparón ao lamparón?

Lembro que hai anos, en ámbitos universitarios, dicíase en broma que os dicionarios de galego facíanos os lingüistas da Terra Cha, porque predominaban os termos desta zona. É unha esaxeración, claro...

José Luís do Pico Orjais dixo

Caro NaIlla:
Não concordo com isso de norma oficial, pois duvido que uma norma se possa oficializar, mas algumas das reflexões das que falais são um bocadinho discutíveis.
A estandardização duma norma na escola, nos médios de comunicação, na literatura, vai na contra de termos e expressões que têm a ver mais com a etnolinguística que com variedades dialectais. Como docente tenho sentido uma frustração grande ao ver como as crianças às que ministro aulas falam pior que os pais ou mães, e estes pior que os avós.
O deterioro da língua na prosódia, no léxico é tão grande que ao ouvir a uma criança e a um avó chegas a duvidar que cresceram no mesmo lugar. E disto tem muita culpa a aplicação da norma que chamais oficial.
Um exemplo tristíssimo é o etnocídio linguístico que se está a cometer com o seseio ou a gheada. Muitos professores da Galiza, quiçá a maioria, estão a corrigir esta pronúncia nas nossas crianças, de tal modo que antes que tarde desaparecerá ou ficará só nas pessoas idosas.
Não faz muito, um menino do meu cole foi onda o zelador. Ele estava a falar comigo e os dois faziamo-lo com seseo. O pequeno diz que queria treze (com seseio) fotocópias. Então o zelador só diz:
- Treze? (sem seseio).
Ao que o rapas contestou:
- Oe, a mim também me podes falar em galego.
A alfabetização, já o dizia Peter Burke ou Levi Straus, tem os seus perigos. Tinha-os quando éramos alfabetizados numa língua estrangeira, o castelhano, e é-o quando se faz num standard que não respeita o valioso património etnolinguístico do nosso país.

nailla dixo

José Luís comparto a túa valoración. Chámolle "oficial" simplemente porque é a norma dictada polas institucións.

Na Arousa dixo

Estimado Pepinho, unha cousa é estar de acordo ou non coa norma e outra decir que unha norma se poida oficializar. Poídase ou non, o feito e que na Galiza fixérono.

norma:
1 s f Regra para a execución dalgunha cousa, á que se ha de suxeitar o seu comportamento.

oficial:
1 adx Que provén dunha autoridade ou goberno e polo tanto ten a súa validez.

Coa publicación da Lei de normalización lingüística o 15 de xuño de 1983, estableceuse que o criterio de autoridade para a normativización do galego sería a Real Academia Galega. Por certo, esta lei foi iniciativa de Camilo Nogueira, en concreto de Esquerda Galega.

Aclaracións necesarias na aplicación das NOMIG e do VOLG

As NOMIG e a súa reforma de 2003, das cales o VOLG non é máis ca unha plasmación práctica, son un paso importante para a normalización do galego, pero:

* 1: hai que ter en conta que existen outras orientacións normativas para o galego (lusistas, reintegracionista, etc.), aínda que as NOMIG e o VOLG son as que se ensinan maioritariamente no ensino formal e as esixibles por parte da administración autonómica e estatal;
* 2: considerando que o VOLG é unha extensión práctica no eido da ortografía das NOMIG, e que estas (como indica o seu título) son normas no campo da ortografía e da morfoloxía, dedúcese que:

* 2.1: tanto un coma a outra non son prescritivas no campo da fala nin do nivel fónico, e polo tanto da fonética e fonoloxía, e xa que logo en rigor non proscriben ningún fenómeno lingüístico diatópico, diafásico ou diastrático do galego (ieísmo, gheada, seseo, metafonía, despalatalización, etc.);

Na Arousa dixo

Polo tanto, querido Pepinho, a norma RAG non obriga a correxir na fala o seseo ou a gheada.

Na Arousa dixo

na illa, os dicionarios non son algo definitivo ou pechado. No caso do galego estou seguro que moitas ausencias son debidas á falla de normativización e normalización histórica que padeceu a nosa lingua. Por eso é tan importante e interesante esta iniciativa túa. Si a nosa lingua contase cos recursos necesarios seguro que non habería tantas ausencias. Camilo Nogueira avaliara o que os galegos adicamos ó fomento do galego e do castelán. Non recordo as cifras exactas, pero eran algo así como que por cada euro que adicamos ó galego, gastamos casi 200 no castelán.

José Luís do Pico Orjais dixo

Caro NaArousa:
Faz anos que decidi não discutir de normas, nem participo de foros linguísticos. Se entro neste bate papo é porque preciso de manter o vínculo com a Arousa e escutar vozes amigas como a tua. Se não gosto do de oficial é porque usar outra "não oficial" não te conver-te num fora da lei. De qualquer modo a minha filosofia linguística ensinou-ma Castelao: o pior galego é o que não se fala. Feliz dia das letras galegas.

Na Arousa dixo

NON HAI DICIONARIO OFICIAL DO GALEGO.

VOCABULARIO ORTOGRÁFICO DA LINGUA GALEGA 2004
CRITERIOS DE ELABORACIÓN

O VOLG non é un dicionario. É unha saída de emerxencia, porque a fabricación dun dicionario é cousa de bastantes anos. Os cataláns, que madrugaron máis ca nós, pero que foron cumprindo etapas semellantes ás que se esperaban de nós, tiveron as normas ortográficas en 1913, a gramática no 18 e o dicionario no 32. Entre medias Fabra, o codificador principal, dirixiu un Diccionari ortogràfic (1917), que era tamén unha saída de emerxencia mentres non se fabricaba o Diccionari general.

O criterio que seguimos no VOLG foi tamén depurar. A depuración podería contemplarse de dúas maneiras: unha radical, segundo a cal o portugués moderno é o que tería sido o galego de non ter pasado por unha decadencia; outra, que considera que tamén o galego puido ter unha deriva propia, ou dito doutra maneira: non todo o que está no galego moderno e que discrepa do portugúes ten que ser necesariamente galego corrupto. Optamos por esta segunda estratexia porque é máis realista; optar pola primeira obrigaría a retirar da circulación palabras que son galegas desde as orixes, aceptar os castelanismos que ten o portugués mesmo, e aínda máis, converter o galego para os galegos case nunha segunda lingua que só se podería dominar por unha aprendizaxe escolar longa.

3.4.2. Escolla entre sinónimos de raíces diferentes
Queda, para rematar, referírmonos aos verdadeiros sinónimos, ou sexa, palabras de diferente raíz e que teñen un significado idéntico ou semellante.
Neste caso tamén poden darse dúas situacións: ou que sexan sinónimos na lingua xeral, como fenda-regaña, robra-albaroque, panadería-tafona, cabeza-testa, entender-comprender (nas linguas moi elaboradas son moi abundantes e son poucas veces intercambiables ao 100% porque sempre hai preferencias por razóns de colocación ou de rexistro); ou que sexan sinónimos xeograficamente distribuídos, como parrocha-xouba, vagalume-lucecú-vella facendo as papas, rello-trelo etc.
Os do primeiro tipo case non son tidos en conta no VOLG pois non é un dicionario de sinónimos. Como a sinonimia normalmente só afecta a determinadas acepcións, non rexistramos nada na columna de sinónimos. Os do segundo tipo, cando son dous ou tres ou algún máis, aínda que algunha das áreas poida ser ás veces moi pequena, tratamos de ser xenerosos con eles.

4. CABO
Cómpre lembrar que o VOLG se publicou como versión "provisional" conscientes de que era moi revisable. Tiña soamente un carácter orientativo e estivo ata agora á espera dunha versión definitiva porque sabiamos que tería que haber moitas rectificacións polas nosas omisións, pola inclusión de
voces inútiles, por incongruencias e por erros debidos a descoidos ou ignorancia.De feito nestes 15 anos non paramos de riscar, engadir e rectificar. O texto circulou moito entre fabricantes de dicionarios e gabinetes lingüísticos. Deles son moitas suxestións que foron case sempre acertadas e tomadas en consideración.

Na Arousa dixo

Norma:
1 s f Regra para a execución dalgunha cousa, á que se ha de suxeitar o seu comportamento.

Lei:
1 s f Norma xurídica de carácter xeral e obrigatorio, ditada polos órganos estatais ou autonómicos aos que a Constitución e os Estatutos de Autonomía atribúen o poder lexislativo.

Na Arousa dixo

Benquerido Pepinho, eu non podo discutir contigo de lingua porque a diferencia de coñecemento ó teu favor é insalvábel. Só pretendía centrar un pouco o tema. Saúde.

José Luís do Pico Orjais dixo

Muito amável.
Vi que colou-se a palavra Trúquel, que por certo também está no e-estraviz. Parece-me um verbete curioso. Suponho que vem de trucar, bater contra algo, como os carneiros com os cornos. Não sei se lembrais que no jogo das bolas diziamos truquel mais truquel, passo de bola e guá. Perguntei pela denominação avião e semelha que era uma variante mas não tenho claro em que se diferenciava do estándar.
Há uma frase que sempre me impressionou pela sua poésia naturalista:
"estar o mar em calma podre".

Anonymous dixo

Boa/mala "sazón (sasón) ¿isto tamen e un localismo carcamán? e esparabel ¿tamen o e?

nailla dixo

O de boa/mala "sasón" é moi arousán, pero si ven recollido no dicionario co significado de "tempo oportuno". O esparavel dos albaneis tamén aparece!

Unha pregunta para José Luís Dopico. De onde dis que provén "geva"? De girl?

Anonymous dixo

Que opinades de Chover a esmadrasar, ter a area de sal no cú, caer un pampero (eu teñoo escoitado na arousa pero fora quedan ca boca aberta cando oen)

Anonymous dixo

A xojar a Testos, usabase para decirlle a alguen que deixara de molestar.

Juan dixo

Seguramente a millarenga é a lavandeira amarela. Respecto á causa do desemprego das verbas carcamáns falei en termos persoais. Claro está que levo vivindo desde fai varios anos en Vilagarcía e este pode ser un motivo maior. Seguro que vivindo na Arousa as empregaría máis. Sexa a causa que sexa, o importante é que se realice unha recompilación porque estaría ben loitar contra a perda dunha parte da nosa cultura.
Son moitos os aspectos culturais que se perden. É cuestión da evolución cultural e social. Bioloxicamente a evolución é favorable para a sociedade porque selecciona aos máis aptos, non para os individuos desfavorecidos polas melloras, que desaparecen. Penso que o mesmo lle ocorre aos idiomas, dialectos e variacións. Hainos que protexer igual que ás especies en perigo de extinción? Ou hai que despreocuparse porque ese nicho ecolóxico vai a ser ocupado por outra especie máis adaptada ao ambiente actual?
Non é a miña intención polemizar, senón observar a ver o que pasa.Recuperar unhas verbas, ao fin e ao cabo, é máis doado -de momento- que devolverlle a vida a un fósil.
Fixádevos, por exemplo, que no Xurásico eran os dinosaurios os animais que dominaban a Terra, igual que o latin dominaba durante o Imperio Romano: os dous se extinguiron, ... pero sen a extinción dos dinosaurios sería imposible a dominancia dos mamíferos e das aves.
Claro está que do latín evolucionaron as linguas romances e hai unha teoría de que a partir dos dinosaurios evolucionaron as aves. Son logo pasos intermedios para un mundo mellor? Peor? Indiferente?
O traballo do meu gran amigo Manolo non o teño, síntoo.

mabel dixo

Ola! Interesaríame contactar coa persoa-persoas impulsoras deste "Diccionario de Ausencias". Sería para facer unha reportaxe para o Informativo Galicia Serán da Televisión de Galicia. Grazas e saúdos!
Mabel. contacto: maria.montes@crtvg.es

José Luís do Pico Orjais dixo

Geva é um americanismo, acho que deveu vir de Venezuela. Está claro que a emigração a sul-américa teve de deixar uma boa pegada na Arousa. Por exemplo nos alcumes que passaram a ser nomes de empresas: Tamanaco que era um chefe caribe ou Cacico. Não sei Yuma, a discoteca mítica, tenho lido que aos norteamericanos chamam-lhes yumas em Venezuela.
Outro americanismo usado na Arousa e que quiçá ainda lembrem os mais velhos era o de "pieza", usado para os quinteiros. Se tendes velhos na casa perguntai-lhes. Eu acho que em isto devia haver uma boa dose de retranca. Saúde e saúdos.

Na Arousa dixo

Efectivamente Juan, as baleas evolucionaron cara á súa desaparición, para que ocupasen o seu espazo os barcos japoneses, que son unha nova especie. Eu agora tamén vou observar. E pregúntome que farán eses barcos cando desaparezan de todo as baleas. Os barcos son máis aptos e están máis adaptados ó ambiente actual. Tamén dis que a túa intención non é polemizar. Levo moi mal certas metáforas pretendidamente pedagóxicas. No ano de Darwin igual estás un pouco saturado e agora aplícaslle a teoría da evolución a todo. Según eso, tamén nos teriamos que despreocupar dos vellos, dos nenos, dos enfermos... Pero lembra, unha cousa é ter unha enfermidade para a que hai cura, o caso do galego, e outra é padecer un mal incurable, algo que afecta a moita xente. Saúde.

Juan dixo

Na Arousa, creo que non me entendeste ou expliqueime mal. Dixen que as especies extínguense e que hai que facer un esforzo para evitalo. Por eso me parece ben esta proposta de recoller as verbas que se están a perder, igual que os conservacionistas das especies defendemos que se protexan as baleas e que os barcos xaponeses se dediquen a outra cousa.
Que farán eses barcos cando acaben coas baleas? Moi sinxelo, buscarán outra especie á que eliminar. Está ben claro! É simple instinto de supervivencia dos máis fortes.
Só me faltaba que me consideraran defensor dos cazadores de baleas! Ou dos exterminadores de linguas minoritarias!
Porque unha lingua compórtase coma un ser vivo: nace, crece, reprodúcese e morre. Fíxate senon no latín.

Juan dixo

Faltábame indicar que as linguas tamén se alimentan ... das persoas que as falan. Pero é unha relación de simbiose na que persoas e idioma saen beneficiados. Cando esta relación se rompe prodúcese a morte de un ou de ámbolos dous elementos.

pepito dixo

Na Illa úsase baldreu e pastrán pero xa aparecen no diccionario da RAG

Juan dixo

Acabo de acordarme de "cachola", nome que soamente recordo empregado na Arousa para a centola. Supoño que o nome virá do seu gran cacho, a parte que máis apreciamos dos crustáceos. Outros nomes deste crustáceo son bruño e rabuda para exemplares pequenos; pero que se emprega en outros lugares de Galicia. O de rabuda non o entendín nunca.
E aproveitando que falo de crustáceos, na Arousa chámaselle "pateiro" ao patexo. Outro crustáceo que non atopo no diccionario xerais é "dormiñento", un cangrexo peludo que se move pouco e que ten por nome científico Atelecyclus undecimdentatus.
Xusto agora me ven á cabeza "mangallona", nome que teño escoitado para o pequeno cangrexo comensal das bateas e que ten por nome científico Porcellana longicornis.
"Arola" é o nome que recibe calquera molusco bivalvo de forma similar ás ameixas e que carece doutro nome coñecido.

Juan dixo

Samoriña, para a zamburíña, e teño escoitado o nome de morruncho para a ostra de can (Anomia ephippium). Este nome tamén o teño escoitado noutros sitios para calquera molusco de apariencia semellante ás ostras.

Anonymous dixo

"ter as luses nos nos ollos"
para cando un está famélico

Anonymous dixo

"o idioma é unha obra de arte feita con amor, con dor e con ledicia polos nosos antergos, que nós temos a obriga de adaptala ós nosos tempos" Castelao.

Juan dixo

A "brúa" era o nome que se lle daba á serea ou bughina coa que se chamnaba ás mulleres á fábrica. Ven de bruar; pero non o atopei no diccionario de Xerais como substantivo. Tocou a brúa.
Por certo, venme á memoria a frase "tocar o corno" que significaba fallar ou fracasar en algo (tocou o corno, tocache-lo corno, vai toca-lo corno).
Cando era rapaz estaba de moda a frase "á tarde!" con entonación de retranca e en termos de negación ou aprazamento sen intención de cumplir:
- Dáme vinte pesos.
- Si, ¡á tarde!.

nailla dixo

-Palabras descartadas: francada, arola e pateiro (xa figuran do dicionario de galego Ir Indo)
-Expresións en dúbidas: Ter a area de sal no cu. (é exclusiva da Arousa?)
--Sineira/seneira:. Non está clara a ortografía nin a orixe. (A acepción carcamana de "tendal" pode estar relacionada co significado xa atribuído de "corda de esparto")

Na Arousa dixo

Moi ben nailla. Vexo que fas os deberes. Arola ten varias acepcións. Emprégase como denominación xenérica dalgúns bivalvos, mais na Arousa, como pobo mariñeiro e mariscador, identifícase coa especie concreta "lutraria lutraria"

http://www.asturnatura.com/especie/lutraria-lutraria.html

Sequeira. Muller que vai á seca. Que recolle ameixas e berverechos. No xerais e no Ir Indo só aparece sequeiro e con diferente significado. No e-Estraviz aparece sequeira pero tamén con outro significado.

Rasteiro. Home que iba ó rasto e agora por extensión ó raño. Non figura no Xerais nin no Ir Indo. Figura rastreiro con outro significado. No e-Estraviz figura con outro significado, mais aparece rastreiro como persoa que usa o rastro.

Bateeiro/a. Persoa que vai á batea. Non figura no Xerais, Ir Indo nin non e-Estraviz. Si figura nos tres batea.

Juan dixo

Sobre o nome da millarenga xa teño confirmado da ave que se trata. Na Arousa chámase así ao pardillo común, non á lavandeira real.
Respecto da denominación de arola, confirmar que, como sinala NaArousa, a Lutraria lutraria é unha arola; pero tamén o son: lutraria oblonga, lutraria angustior, Donacilla cornea, Tellina crassa, Tellina donacina, Tellina tenuis, Gastrana fragilis, Abra alba, Mactra stultorum e Spisula subtruncata. Creo que están todas.

José Luís do Pico Orjais dixo

Caro Juan:
Uma pergunta para ti e o resto de marinheiros que haja no foro. Hoje esteve com um dos meus informantes (música tradicional) de Taragonha e estivemos a ver plantas que ele usa com diferentes fins. Num souto com castanheiros e carvalhos mostrou-me uma gilvardeira (Ruscus aculeatus) que ele chamou mezquita. Estranhou-me este nome e o uso: com ela faziam as vassoiras para varrer os barcos. Tens ouvido o nome e esta funcionalidade da planta? Há gilvardeira na Arousa? Como é que lhe chamam? Outra das árvores que vimos é o ervedo, que ele chamou madronnho. É próprio destas terras ou serão trazidos? Há um ervedo espetacular no jardim duma casa que o meu informante (80 anos) conhece desde criança. J.L.

Juan dixo

José Luís, tampouco escoitei o nome de mezquita para o Ruscus. Como indicas, chámase xilbardeira e tamén xilbarbeira. Tamén lle chaman rascacú porque as follas acaban en punta picante. Na Arousa é unha planta abundante e non teño oido ningún nome para a mesma. Non se lle da ningún uso. Para vasoiras os nosos antepasados usaban as xestas.
En canto ao érbedo é especie rara na Arousa, pero moi testemuñada en Galicia. Madroño é o nome castelán e atópase no escudo de Madrid, sobre o que se apoia o oso.

Juan dixo

Hoxe estiven na presentación do libro de aves da Arousa e acordámonos que ao ferreiriño real, Parus major, chamabanlle na Arousa "barborecha". Seguramente de ahí ven o apodo do amigo Manolo.

Juan dixo

Aclaración: Encacholar é coller a cor do cacho (cocido, por suposto).
Por certo ..., falta "cacho" que é o carapuchón ou cefalotórax dos crustáceos.

Na Arousa dixo

Xilbardeira figura como entrada no e-Estraviz. Di que é o mesmo que Xilbarbeira.

Gilbarbeira s. f. Planta subarbustiva, da família das liliáceas, com cladódios coriáceos, baga vermelha quando madura. N. C. Ruscus aculeatus

Creo que referido a esta especie, escoitei chamarlle asoutacristos a Sito Vázquez. Penso que é así como lle chaman pola zona de Bamio. Tiña que ver con que picaban, e por suposto tamén algo de anticlerical. Consulteino no e-Estraviz, e como non, figura a entrada "Açouta-cristos s. m. pl."

Nin xilbardeira nin asoutacristos, nin posibles variantes b v ou s x figuran no Xerais ou no Ir Indo. Si figuran rascaú e xibarda.

Xilbardeira ou xilbarbeira é o nome en portugués, así se recolle en distintos dicionarios desta lingua.

Na Arousa dixo

Onde puxen rascaú, quixen poñer rascacú. E por suposto en portugués sería gilbardeira ou gilbarbeira.

Anonymous dixo

Arria cabo, e unha expresion que usabamos pa decir dalle margen... ou para xa de .....

Tamen a de "andar o redor" andar as voltas.

Pero imaxino que as mesmas expresiona na Arousa segun quen as dija segun signifiquen

José Luís do Pico Orjais dixo

Pois tenho confirmado que o ruscus em Rianjo chama-se mezquita, pronunciado com seseio. Bonita palavra.
Por certo, o 24 de Outubro de 1974 emitiu-se o programa Raíces, titulado El pulpo en la Isla de Arosa. Tenho cursada uma petição a TVE para ver uma cópia, mas não sei se me hão deixar. Contactei com o guionista e diretor, Manuel Garrido Palacios, um escritor de Huelva, mas não tem cópia nem sabe como pedi-la. Curiosamente diz que cada ano vem a Cambados a veranear e desde Cambados a Ilha.
Alguem na Arousa poderá ter uma cópia? Estaria bem fazer um visionado público e se calhar, incluso contar com o Manuel Garrido no verão. Muitas saudades.

Núñez dixo

Acabo de acordarme dunha expresión, que parece que ninguén a recolleu : ESTAR APAXARADO!! e tamén se podería incluír QUEDAR NA PONLA!!

Núñez dixo

Acabo de acordarme dunha expresión, que parece que ninguén a recolleu : ESTAR APAXARADO!! e tamén se podería incluír QUEDAR NA PONLA!!

Núñez dixo

Gustaríame incluír tamén, unha cacnión coñecida por todos os carcamáns: MANOLO O PIROLO!!

Manolo o Pirolo
matou á muller
con sete cuchillos
e un alfiler.
Meteuna nun saco
e foina vender.
Quen quere tousiño
da miña muller??

Ahí queda eso.

Anonymous dixo

Ostia!!!, rexuvenesín 30 anos. Esa canción que pon o Nuñez cantabamola en Rianxo pero comezando con "Manolo Carolo", algo que, por certo, pouca gracia lle facia aos Carolos, mote dunha familia rianxeira que ten dado dos mellores bogadores á trainera de Rianxo que (por se non o sabedes) sempre será a mellor do mundo.

nailla dixo

Como o dicionario non para de medrar, trasladei as expresións da Arousa a unha entrada propia, co nome xenérico de "Fraseoloxía carcamana". A ver se así é máis fácil a consulta.

Anonymous dixo

Núñez, ahí che vai unha que che vai molar, sempre ma cantaba miña abuela Encarna:

Teño chaleco de merda,
o forro de cajallóns,
e ahora pa máis carallo
os peidos son os botóns!!!!
jejeje!!! a que non sabiades esta???

rumorosa s.a

Anonymous dixo

miña nai sempre me disía de pequena: ( e ahora ás veses tamén...) "eres unha paxarola" ou "paxaro do vran" non sei, pero dame que son endémicas....

Anonymous dixo

a parte de no lies o palancre, tamén se di "non enrrolle-lo palangre"

pepito dixo

A palabra "capacho" aparece, con un significado diferente ao que nós lle damos no e-estraviz, e no Ir Indo online non aparece.

Na Arousa dixo

Encirrar figura como entrada en tódolos dicionarios. Danlle o mesmo significado ca nós.

Anonymous dixo

"Vespeiro" ou "Vispeiro". esa especie de broccha grande, mais ben un pau cun cacho dun trapo na punta para darlle a carena ás dornas.

Juan dixo

Ispir e vispir. Ispirse creo que era vestirse, e vispirse quitarse a roupa. Nunca tiven ben claro se era á inversa; pero creo recordar que me provocaba confusión porque asociaba vispirse con vestirse cando era o contrario.

Juan dixo

José Luís Dopico, o nome de mesquita para o Ruscus ven recollido na Wikipedia, xunto con xilbarbeira, gilbarbera e outros moitos:
http://es.wikipedia.org/wiki/Ruscus_aculeatus

Por certo, tamén ven recollido o nome de acebo, acebillo, acebo pequeño. Na Arousa este é o nome que escoitei: Acebo. Non me pareceu oportuno sinalalo porque me parecía un erro das persoas que o empregaban. Agora vexo que estaban no certo: este é o nome que lle daban os agricultores da Illa.

Juan dixo

Non atopo ladra no diccionario Xerais. Tampouco como nome galego en Internet para o peixe coñecido en castelán como babosa e que ten por nome científico Blennius spp (varias especies). Moi común nas rochas, sen escamas e que non se come; pero rouba (de ahí o nome) o engado cando se están a pescar outros peixes de interese.

Juan dixo

Acabo de atopar o nome de ladra no Diccionario de Diccionarios do Instituto da Lingua Galega;
http://sli.uvigo.es/ddd/ddd_pescuda.php?pescuda=ladra&tipo_busca=lema

Como se pode comprobar, di que se emprega en Vilanova de Arousa, pero non sinala o mesmo para a Illa de Arousa.

Juan dixo

Na Arousa empregamos "arnau" en lugar de arnal (está no diccionario). Dicimos lagarto arnau en lugar de lagarto arnal.

Juan dixo

Acabo de fixarme na frase "estar apaxarado" e veume á cabeza "paxarolo", que é o substantivo de estar apaxarado. É un insulto do que non teño moi claro o seu significado. Quizáis inxenuo.

Tamén se emprega paparolo como sinónimo de papán. Está recollido como tipo de ave. Quizáis como deformación de paporroibo; pero non estou seguro. Quizáis poida confirmalo. A verdade é que non teño recollido este termo como nome de ave da Arousa ... pero tamén me esquecera da millarenga.

Juan dixo

Non atopo gaspallada no diccionario Xerais. Son os restos vexetais que se acumulan no solo dos bosques (palla dos pinos fundamentalmente).

Na Arousa dixo

Bocha figura como entrada nos dicionarios ó uso.

Cristafallo non aparece no Ir Indo nin no e-Estraviz. Para min cristafallo é un desastre. Referido ás cousas. Algo mal feito. Referido ós cativos cando os deixas sós e á volta teñen todo feito un cristo. De cristo penso que é de onde deriva cristafallo.

Con significado similar aparece cristo no e-Estraviz

Cristo s. m. (1) Imagem de Cristo crucificado. Crucifixo. (2) Planta herbácea. Estar feito um Cristo: estar muito delgado ou todo cheio de feridas. Haver a de Deus é Cristo: haver uma rifa muito grande. Nem por Cristo: nem por todo o ouro do mundo. Onde Cristo deu as três vozes: num lugar muito afastado. Pôr a alguém como um cristo: feri-lo, atormentá-lo ou maltratá-lo gravemente [gr. khristos, lat. christu].

José Luís do Pico Orjais dixo

Hoje esteve na Arousa e o meu cunhado diz-me a palavra ESCORRENTAPORCOS, que era como simpaticamente chamavam à banda de música que causava este efecto nos porcos que andavam ceivos pelos caminhos.

McMill dixo

Busquei "pilla" e non ven como acepción de salgado. Na Arousa hai a expresión "tén a pilha", para o que tén moito sal. Non sei cal é o étimo do portugués "pilha" sinónimo de batería, o que sí é que os bornes cando están gastados "pican" coma no sal. Igual é "pilla" de "pícara"...?

José Luís do Pico Orjais dixo

Pilha é literalmente uma moreia de coisas apilhadas. Em português existe a expressão PILHA DE SAL, para algo que está muito salgado. Não há que esquecer a tradição de salinas que desde a idade média teve a Arousa.

Anonymous dixo

Vouno decir baixiño para que non se enfaden os nosos veciños.

Os escorrentaporcos por antonomásia era a banda de música de Vilanova.

Anonymous dixo

o trillado das galiñas creo que no resto do continente é picón

Juan dixo

Na arousa dise (ou dicíase) "está salado coma a pilla". Esto confirmaría o dito por José Luís. Tamén "ten tanta sal coma a pilla". De ahí derivan outras expresións relativas a abundancia.

Respecto a bodeón (peixe), o nome que eu coñezo é budión. Non é tipico da Arousa xa que hai un pobo da ría que leva este nome, O Budión que queda cerca de Abanqueiro.
Budión tamén ven recollido na wikipedia: http://es.wikipedia.org/wiki/Coris_julis

Juan dixo

Por certo, o nome máis empregado para o budión na Arousa é señorita, que xa está recollido. Creo que xulia é unha traducción do nome castelán (e científico: Coris julis)

Na Arousa dixo

Tamén escoitei chamarlle españolita. Será polas cores da "femia". É curiosa a sexualidade deste peixe. Poderíala explicar Juan? Grazas.

McMill dixo

No libro de coplas que recolhera Sito Vázquez con alumnos seus, http://4.bp.blogspot.com/_QUtaMFM3Dcg/ShwiloUnMnI/AAAAAAAAEb0/Bi6ZUp-1nzM/s1600-h/coplas.jpg , sae un verso -dumha copla dos anos 30s a 60s- que di "é coma un bodeón", daí que o perguntase, e dixeron-me que era un peixe parecido á maragota, pero hai moitos! Igual é ése, budeón...

nailla dixo

Palabras descartadas: gaspallada e birol (veñen recollidas no dicionario de galego Ir Indo)

José Luís do Pico Orjais dixo

Pergunta para Juan. Na Arousa chamamos PELUDA a um tipo de processionária. É a que chamam em castelhano LAGARTA PELUDA?
É PELUDA um termo só da Arousa?, já que não o encontro nos dicionários de galego, deveriamos inclui-lo no no nosso léxico? Por certo, a LAGARTA, na Arousa como em Portugal, é o verme da couve, de cor verde muito vistoso.

Juan dixo

José Luís, eu penso que o nome de lagarta emprégase na Arousa para todo tipo de eirugas de bolboreta, a excepción da peluda. Tamén se chaman alacráns. A eiruga da procesionaria do pino (Thaumetopoea pityocampa) ten o nome propio de peluda, como indicas. Chámase lagarta peluda ou lagarta, a secas, á eiruga da bolboreta Lymantra dispar que ataca fundamentalmente ás aciñeiras, sendo polo tanto especies distintas. É moi probable que sexa nome característico da Arousa. Para min este é o nome máis familiar; pero agora que o dis busquei a asociación en Internet e só aparece peluda como adxectivo da eiruga.

Na Arousa, o cambio de sexo non só é unha particularidade das señoritas senón de todo o grupo dos lábridos, tamén das maragotas. Normalmente hai un macho que atende a un harén de femias; pero cando desaparece este, a femia máis grande e agresiva cambia de sexo para ocupar o seu lugar. ¿A explicación? Trátase dunha especie hermafrodita proteroginia (madura primeiro como femia) para converterse en macho cando medra. O macho é máis agresivo e ten a función de protexer ao seu harén sendo o primeiro en ser devorado polos depredadores cos que se enfronta, obtendo como beneficio a reproducción con tódalas femias que non cambian de sexo mentres haxa un individuo agresivo (tamén se di que o macho produce certas hormonas que inhiben a madureza como macho). Eu penso que é un proceso hormonal propio de cada individuo que responde á presencia ou ausencia de outro máis dominante e agresivo. Certamente é un comportamento curioso, pero aínda é máis impresionante a eficacia deste tipo de comportamento para protexer a especie. Esto permite que os machos máis fortes e capaces de sobrevivir máis tempo poidan ter maior descendencia e transmitirlle eses caracteres aos seus descendentes ao tempo que as femias reproductoras están protexidas.

McMillan, é ese, sen dúbida. O que pasa é que os nomes defórmanse dun lugar a outro, dunha persoa a outra e tamén co paso do tempo. Na Arousa só escoitei o nome budión para referirse ao pobo próximo a Abanqueiro (Boiro). Noutros lugares da ría si que recibe ese nome.

Na Arousa dixo

Moitas grazas Juan. Desconocía que tamén lle pasase ás maragotas. Tampouco tiña claro si ás especies que desenrolan este fenómeno se lles podía chamar hermafroditas.

Juan dixo

Na Arousa, seguramente sabes diferencias a unha maragota dun pinto ... pola cor. O pinto é o macho, e é máis valorado por ser máis grande.

Na Arousa dixo

Vaia, pensei que eran especies distintas. Sería moi interesante unha guía de peixes, igual que a de aves e mamíferos da asociación mediambiental o carreirón. Ou un foro dos nomes, imaxes, curiosidades, etc. Animo ós administradores deste blog a que estudien a proposta.

MOITAS GRAZAS JUAN.

Anonymous dixo

Eu tamén pensaba que o pinto e a maragota eran especies diferentes... de feito o pinto é máis valorado que a maragota (que ten a carne máis blanda)... é boa idea facer tamén un inventario ilustrado!

Juan dixo

Xa hai un inventario ilustrado en Internet, se ben haberá que revisar os enlaces ás fotos que, na maioría dos casos fallan. Tentarei reparalos cando teña un pouco de tempo.
A lista de peixes da Arousa está no seguinte enlace:
http://www.freewebtown.com/ambiental/peces.htm
Se observades algún erro ou omisión agradecería as observacións

Anonymous dixo

SOCÓN: Sinónimo de "ir a pulos" no coche. i.e. leva o coche a socóns.

McMill dixo

"Xavoca" (fem.) ou "xaboca" ? É quen ri con risa parva, moito e sen sentido. Igual tería que ir en "expresións", pois eu sempre o escoito na frase "é umha xavoca". Nen sei o que é fóra dese contexto, nen o vin no google, nen nos diccionarios (da Xunta, no Estraviz...).

José Luís do Pico Orjais dixo

Pode-se ler em rede o dicionário dos dicionários que editara Santamarina. Na busca de palavras recolhidas na Arousa http://sli.uvigo.es/ddd/ddd_pescuda.php?pescuda=illa+de+arousa&tipo_busca=lugar
há termos de muito interesse, mas que haveria que contrastar. Por exemplo, chapolín, diz que é como se chama ao bilhar na Arousa. Eu creio lembrar que champolim (com m, que é como se conhece ao bilhar americano) chamávamos-lhe ao futbolin, mas igual estou errado.
Outras, como aguamorta é um termo bonito. Acho que de se colar no dicionário de ausências haveria que respeitar a forma água, absolutamente galego-portuguesa (de aqua) é não normativiza-lo em augamorta.

pepito dixo

Escoitáchedes algunha vez o calificativo de "litrollas" ou "eres un litrollas"?

Juan dixo

Jpsé Luís, o nome do billar americano é chapolín sen o "m". Pero non é termo exclusivo da arousa. Tamén se coñece con este nome noutros lugares de España:
http://www.google.es/search?hl=es&q=billar+chapolin&btnG=Buscar&meta=
Estiven ollando o diccionario e, en xeral, os termos referidos á Arousa son correctos. Excepto que aos ratos lle chamamos furóns e non fura.
Aos tatexos chamámolos tatalexos porque tatalexan (verbo tatalexar).
Enfurruxar é botar furruxa (cinza das fogueiras)

fanequinha peteiruda dixo

O nome chapolin ven do francés, concretament o termo é "le Chapó" (jeu de billard).

José Luís do Pico Orjais dixo

O que pretendia perguntar é se champolim (com m) era usado para denominar ao futbolin, o jogo inventado pelo galego Finisterre e que em português disse totó. Igual é uma lagoa da minha memória, pois nunca fui muito adepto a estes jogos.
Outra coisa, Juan, sigo a ter como palavra mágica no meu imaginário poético o de AGUAMORTA. É um verbete só carcamão?

Na Arousa dixo

Champolín era para nós o futbolín.

Aghuamorta non é exclusivo da Arousa. Tamén usan aghuamorta en Rianxo, onde teñen unha verba fermosísima para lle chamar á medusa, melfa. Que tamén é un poema de Manuel Antonio "melfas".

No RAG (1997) non aparece aguamorta como sinónimo de medusa, tampouco no Estravís (1995), nin no Aurelio (1986), nin no RAE (1994), nin no Moliner (1994). Onde si aparece como sinónimo de medusa é no Galaxia (1997), coa forma augamorta.

Todo esto atopeino nas páxinas 115 e seguintes do Discurso de entrada na RAG lido o día 25 de setembro de 1999, no acto da súa recepción, polo Ilustrísimo señor Don Francisco Fernández Rei, e Resposta do Ilustrísimo Señor Don Antón Santamaría Fernández. "Ramón Cabanillas, Manuel Antonio e o mar da Arousa. Dúas singraduras na construcción dun idioma para unha patria". RAG. A Coruña 1999.

Foi para min toda unha descuberta, onde tamén se toca a ausencia de moitas verbas relacionadas có mar, dez anos antes de que este blog recollese a mesma inquietude ainda que referida só á Arousa. Tamén fala da necesidade dun dicionario. Páxina 98, apartado VIII. 1 A necesidade do Gran Dicionario da Lingua Galega. Tarefa encomendada á RAG, promovida pola Asociación iniciadora y protectora de la Academia Gallega de La Habana, que tiña como presidente a Curros, e o primeiro presidente da RAG foi Murguia. Decía Francisco Fernández Rei naquel discurso "O melllor galano que se lles podería facer ó patriarca Murguia e ós galeguistas que soñaron con ese gran diccionario sería telo redactado e publicado no 2006, o ano en que a RAG vai ser centenaria". Penso que finalmente non aconteceu. Saúde e Terra.

José Luís do Pico Orjais dixo

Mi ma! neno, estas-te a converter em Mr Dado. Obrigado pela aclaração e parabéns pela erudição. Está claro que entre Arousa e Rianjo há uma relação muito especial. Eu estou a rematar de consertar um andar no Rianjo que será, alem da minha casa, o Consulado Oficial da Arousa. Todavia desconheço a tua identidade mas sei que somos bons amigos, assim que considera-a também a tua morada. Teresa e mais eu aguardamos-te cum bacalhau a moda de Orjais.

Na Arousa dixo

Moitas grazas polo convite. A última vez que recomendei un sitio onde comer bacallau foi a un lugar que ti ben conoces, á Forja, en Vilanova da Cerveira, e dixéronme que estaba pechado. Así que, cando sexa posible, avísoche con tempo e comeremos ese bacallau á moda de Orjais.

Na Arousa dixo

Novo Estraviz em linha

Se mo permitides vou colar unha nova vista no Chuza. Penso que se merece que nos fagamos eco xa que, polo menos eu, emprego esta ferramenta á hora de propoñer palabaras no dicionario de ausencias.

"A nova versom do Estraviz (http://estraviz.org), o mais importante e completo dicionário galego na rede, e um dos mais importantes das línguas românicas, oferece uma visual moderna onde apresenta as diferentes definições, fraseologia, sinónimos, antónimos, variantes, nomes científicos e etimologia, além doutros serviços. O banco de dados viu-se acrescentado com mais de 30.000 novas entradas, contando no total com 121.505, e o número promete crescer."

Seguro que nos vai ser de moita utilidade. Ainda non tiven tempo a enredar con ela, mais na primeira pesquisa xa promete. Fixádevos o que atopei:

Esmadraçar
v. tr.

Repartir uma herança sem requerer a mediaçom duma pessoa perita e fazendo as partes a olho e de boa fé.

Terá algo que ver con o noso chover a esmadrasar. Podería significar que chove abundantemente, por tódalas partes igual, que non queda nada sin mollar. Seguiremos enredando coa nosa lingua. O galego. Saúde e terra.

P.s. Pepinho, teño moita curiosidade por saber onde recolleu a verba que ata o de agora non achara en ningún dicionario. Xa que conoces ó Estraviz, a ver si llelo podes preguntar. Grazas.

José Luís do Pico Orjais dixo

Os meus parabéns para as professoras do IES da Arousa que publicaram esta carta em Vieiros.

http://www.vieiros.com/open/amosar/775/e-a-nos-quen-nos-pregunta

Juan dixo

Aguamorta tamén se emprega no Grove. Penso que é un localismo da Ría de Arousa, non só da Illa. Francamente pensaba que estaba máis xeralizado este nome.
Estopu dacordo coa carta dos profes do IES. Hai certos temas que non se deben politizar nin apropiar, como os símbolos dunha nación. Deben de ser de todos e non fontes de conflicto. Non pertencen a un determinado grupo senón a tódolos cidadáns que nos deberíamos sentir orgullosos de ter unha cultura propia. Tampouco se trata de impoñer nada, a xuventude sempre foi contraria ás imposicións, senón de seducir a esa xuventude sobre a importancia de preservar os aspectos distintivos da nosa cultura como unha fonte de riqueza. Sento mágoa ao ver ao meu alumnado rexeitar o emprego da nosa lingua cando probablemente non houbo ningunha xeración mellor preparada no emprego da gramática galega. E xurden grupos contrarios ao emprego do galego no sistema educativo. Algo estamos a facer mal.
Nun traballo feito fai uns anos en Vilanova, os rapaces dun curso non vían con bos ollos o emprego do galego normativizado nas súas conversas; pero parecíalle ben falar o galego local. ¿Séntese a normalización como unha imposición fronte aos localismos? ¿Esta a xurdir un sentimento localista?
Non o sei porque eu non entendo destes temas; pero como profesor preocúpame o idioma no que teño que impartir as miñas clases e, sobre todo, o idioma no que teño que preparar os meus materiais de traballo.

José Luís do Pico Orjais dixo

Caro NaArousa:

Estraviz dixit:

Amigo Pepinho,
Esmadraçar é um vocábulo que não recolhi pessoalmente. Está nos dicionários
Carré e D. Eládio donde a tirei. No Eládio diz, segundo o vocab. de Pondal.
Chover a esmadraçar, chover abundantemente, por todas partes igual.

Pode, pois, entrar essa frase feita no e-Estraviz

Um abraço e até já
Estraviz

Na Arousa dixo

Moitas grazas Pepinho. Non conocía esos dicionarios. Si non me equivoco, nos dicionarios que consultara ata o de agora, rae, rag, ir indo, xerais... nunca atopara a verba, nin tampouco na anterior versión do e-Estraviz. Penso que foi engadido nesta nova edición. Ainda que non o podo afirmar, xa que ás veces as pesquisas poden non dar os resultados esperados por aquelo da norma empregada. Agora a ver si podo acudir á fonte para ver si engaden algunha explicación máis. Sobre o D. Eládio aparecen resultados na internet, mais do Carré o resultado do google é confuso ainda que aparece tamén algún dicionario. Si fose posible, agradeceriache que me ampliases a información para localizar estos dous dicionarios. Moitas grazas de novo.

P.s. Concordo no básico con Juan. Eu non son mestre e ó mellor as miñas opinións son auténticas burradas pedagóxicas, máis lémbrome de cando pequeno na clase de lingua española o mestre tiña que obligarnos, amablemente, a que falasemos castelán, xa que só falabamos galego, a nosa variedade. Cando se fala da perda de autoridade no ensino casi todos pensamos en cando os mestres daban paus ós alumnos. En realidade o que se está a dar é unha perda de autoritas, saber socialmente recoñecido. Eso escoitase nas casas e na rúa. Ocorre que sobre os teoremas matemáticos e outros axiomas que se ensinan nos colexios case ninguén opina, mais con respecto á lingua, que tamén é unha cuestión científica, as opinións son do máis variopintas, como se di a ignorancia é atrevida. Esto mesmo ocorre nalgúns lugares, aquí menos, coas teorías da orixe da vida, ainda que tamén vemos forte rechazo a avances como o matrimonio de homosexuais ou o aborto. Polo tanto no fondo o que latexa é a perda de autoridade do sistema educativo. Por eso é tan acertada a carta dos mestres ¿e a nós quen nos pregunta?. No fondo a política destes iletrados incide na falta de autoridade do sistema. Curiosamente eles, que son tan autoritarios.

José Luís do Pico Orjais dixo

Caro NaArousa:

Todos os dicionários históricos estão no dicionário dos dicionários aqui: http://sli.uvigo.es/ddd/index.html
Também estão os de Carré e Eládio, mas eu tenho-os em papel em edições fac-similar. Também podes escrever directamente ao Estraviz em pessoa para qualquer pergunta, é um homem muito acessível.

Na Arousa dixo

Moitas grazas Pepinho. Non conocía esta ferramenta. A verdade é que parece moi completa. Dúas grandes descubertas en dous días, o novo Dicionario Electrónico Estraviz e o Dicionario de Dicionarios.

Botefa dixo

Caro Pepinho Orjais:

O IES da Illa é um dos que, abofé, tenhen maior fracaso escolar da provincia de Ponte-Vedra.
Os professores tenhen que adicarse a dar clase e respeitar a pluralidade linguistica de toda a comunidade escolar, incluid@s os castelán falantes. Ti, cando cativo, falavas o castelán junto teus hermaos suponho que por tradiçao familiar e mira que evolucionaches. Así que deija que os nen@s falen o que lhes pete, libremente, coma tí, de seguro que haberá que colha o rumbo contrario ao teu.
Ti sabes coma min que 20 profes do IES non son todo o Claustro, e ti sabes coma min que quen non asina está no punto de mira da intolerancia e a nadie lhe gosta ser un apestado.
Tendo en conta que cada vez son máis os pais que levan aos fillos a estudar fora da Ilha a reflession está servida.

Saúdos dun vesiño

José Luís do Pico Orjais dixo

Caro amigo:
Já tenho dito que eu não discuto sobre língua e muito menos sobre liberdades linguísticas, pelo que lamento imenso que me ponhas como exemplo ou justificação ao teu discurso. Também não vou ter conversas com pessoas que fazem alusões pessoais a mim ou a qualquer outra pessoa sem dar-se a conhecer. Mas quero fazer só alguma reflexão geral sobre alguma coisa da tua postagem com a certeza de que será a última:

1. Obrigado por empregar a ortografia universal do galego, a pesares do péssimo uso que fazes da mesma.
2. A minha tradição familiar não é castelhano-falante. Os meus pais e os meus irmãos falavam em castelhano (numa variante do Ferrol, que bem merecia outro dicionário de ausências), mas os meus avós eram galegófones, assim que a minha genética linguística não oferece dúvidas. Com tudo tenho que dizer que o facto de que fale galego também é mérito da minha família, um fogar onde se respirava isso tão esquecido neste tempo como é o livre-pensamento.
3. Tenho a orgulho ter apreendido a falar galego na Arousa. Quando era criança escutei todo tipo de insultos por parte dos meus colegas. Fui parvo, FORASTEIRO (nome que deveria registrar-se no dicionário) e até nos últimos anos da EGB houve a moda de chamar-me espanholito. O meu agradecimento aos nenos e nenas da Arousa que obraram em mim a milagre Paulista da conversão.
4. Eu optei na minha vida pelo monolinguísmo social, é dizer, o emprego em todas as facetas da minha vida do galego. Isso não implica o desconhecimento de outras línguas, como o espanhol, do que tenho uma competência óptima e do inglês, do que possuo uma competência muito elementar.
5. Nunca ninguém me poderá acusar de quer impor nada a ninguém. Creio na liberdade de opção na vida como princípio fundamental. A liberdade é a minha religião, por isso eu assino quanto digo, porque o meu único património é a minha coerência pessoal.
6. Como professor de primária, acho que as leis estão para ser cumpridas. Quando não concordas ou vai contra os teus princípios, entra em jogo a chamada liberdade de cátedra. No meu caso não cumpro todas as normas, pelo que quiçá possa ser sancionado. Se assim fosse, eu não vou ir de vítima, sei os riscos que tem a insubmissão, assim que chegado o caso não me poderei queixar. O curioso é que neste país, muitos professores (e claustros inteiros) têm incumprido durante anos o decreto de normalização sem que nem um só fosse expedientado, e ainda se fala de imposição e ditadura linguística. O problema escolar na Galiza e que basicamente cada tutor faz o que quer, que as famílias acodem pouco aos centros educativos, que o problema linguístico não é um problema pedagógico, senão político e que, em resumo, o único danificado em tudo isto é o galego, cada vez menos falado, cada vez pior falado, cada vez mais desgaleguizado...

Uma coisa é certa: sou galego porque sou da Arousa, porque sou carcamão com todas as consequências. Lamento que a Arousa seja, a cada passo, menos Arousa.

Por certo, BOTEFA, é uma boa palavra para o dicionário de ausências.

nailla dixo

Palabras descartadas: paifoco e botefa, veñen recollidas no dicionario In Indo de galego.

Intencionadamente anónimo dixo

Estimado Pepe, entendo a túa reflexión, pero cando cruzas a porta do teu blog para deixar a opinión noutro tes que aceptar este tipo de comentarios (mesmo se o fixeras no teu) pois non todos opinamos igual. Se tí lles das os parabéns a ese grupo de profes, a xente ten que saber que somos moitos os profes que non opinamos o mesmo. Posiblemente unha maioría silenciosa e, en moitos casos, amedrentada.
Seguro que che escocería que eu lles dese os parabéns a Galicia Bilingue, ou non?
Por certo, e non o tomes a mal, pero o da "ortografía universal do galego" non che parece un pouco excesivo.

McMill dixo

Maioría silenciosa amedrentada? Cal, a de profesores a favor de Galiciavilingüe? Eu non sei, pero cada vez sinto máis estupor ante os que agora claman por "libertá" pero calaron "por séculos" cando estaba expresamente prohibida por lei a nosa lingua na escola e en mil sitios máis.

McMill dixo

E non hai moitos anos eu estudei COU todo en castelán, menos a clase de galego. Algúns quererían que fose só umha asignatura, un exercicio teórico, umha lingua morta coma o latín, e seguir a burlar-se "de los pailanes" que o falamos con naturalidade en todos os ámbitos posibles.

McMill dixo

Achego parte dun comentario de www.meneame.net sobre umha nova do castelán en Barcelona:
"Uno de los que ha sacado mejor nota en selectividad de Catalunya, un gallego que llegó hace 3 años a Lleida y que ha sacado un 9,80... y eso que el castellano está perseguido y castigado! Y ahora el chaval se va a Madrid a seguir sus estudios. Más gente como él haría falta en España, que no patalea y pone excusas baratas para no hablar catalán y se esfuerza para no solo aprenderlo sino para sacar matrícula. Hace gracia que desde fuera se nos acuse de perseguir el castellano y la única solución que sacais es perseguir y fulminar el catalán.

McMill dixo

Do que algúns chaman "ortografía internacional" do galego, hai demasiados malentendidos. Eu escribo na gramática do ILGA (a "oficial") coa salvedade dos guións nos pronomes e o uso de -nh- e -lh-, para quitar fobias e usar letras propias (Meendinho era galego), e tender pontes con utilidade obvia. En Extremadura, que a pesar de Olivenza non hai esas desconfianzas, pensan nos filhos e estudan máis portugués que en Galicia, porque aquí os propios que reivindican "non confundir" galego e portugués son dos que máis o confunden (empezando por confundir fala e gramática, e acabando por pasar-se ao castelán).

Anonymous dixo

"...os que agora claman por "libertá" pero calaron "por séculos"", Mc Mill a "máquina do tempo" non deixa de ser unha novela de ficción de H.G. Wells. Os que agora claman non teñen nada que ver cos de antes e, desde logo, a situación agora é moito grave. Antes non había liberdade e sí imposición, agora hai supostamente liberdade e a mesma imposición.
Por outra banda, sempre andas cos casos aillados de que tal e que cual. A excepción non confirma a regra, en Cataluña non hai liberdade linguística porque o que quere ser escolarizado en castelán non pode. E, desde logo, se o alumno que fas mención fose de 5, teríao crú para manter ese mesmo nivel.

McMill dixo

> os que agora claman por "libertá" pero calaron "por séculos" vai entre aspas para os que tivesen dificuldade en "captar a metáfora".

Todos sabemos a obviedade de que ninguén dos que agora "claman" non estaban no decreto lei dos anos 20 prohibindo falar galego nas escolas.

Tampouco é a mesma "falange" a de fai umhas décadas que a do que fixo o logotipo de Galicia B.

Pero os que ven agora a situación "moito grave" (moito máis?) entroncan directamente con aqueles que "calaban fai séculos".

De novo, a tan mentada libertade lingüística: eu non puiden elexir en qué lingua me daban as clases, nen ter latín obrigatorio (ou química).

No tempo dos Erasmus esa "reivindicación de libertá" soa a excusa política. E é umha actitude de restar en vez de sumar, ademáis sendo linguas tan fáciles de aprender como son todas as románicas.

Anonymous dixo

gaspacho: na arousa feito a base de chícharos e patacas... no resto do territorio nacional é unha especie de sopa fría que leva tomate entre outras cousas

José Luís do Pico Orjais dixo

Caros:
Alguém poderia enviar-me a receita do "gaspacho" arousão? Gostaria de posta-la no meu blogue. Obrigadíssimo.
O meu correio é: ilhadeorjais@yahoo.com.br

Anonymous dixo

O jaspacho arousan e un guiso ,o ingrediente maioritario son os chicharos.Mais ou menos e asì:
En un pouco aceite refritese,allo ,cebola,prixel e uns taquiños de panceta,cando està todo doradiño botaselle un pouco de agua e colorante,cando ferve botanselle os chicharos e unhas patacas cortadas en cachiños pequenos,cando està casi cocido,escachanse os ovos e estrellanse por enrriba.
Cando os ovos estàn cocidos,o jaspacho està listo.
As cantidades dos ingredientes,a gusto do consumidor,pero como xa dixen os chicharos en maior cantidade.Tamen se lle pode botar chourizo no lugar da panceta.
Espero que sexa do teu agrado

José Luís do Pico Orjais dixo

Obrigadíssimo.Vou por a receita no meu blogue. É lástima que não possa citar o teu nome, mas obrigado igualmente.

Na Arousa dixo

Fáltanos gharroa. O vento do mediodía no verán despois do norte, que na maioría dos casos ven despois dunha calma na que apreta a calor e axuda a refrescar. É un vento que ven da boca da ría, do mar, por eso e fresquiño. Os de Cambados chámanlle vento mareiro, que tamén é o titulo do famoso libro de poemas de Cabanillas.

Tameń falta virasión, que é o role que da lugar a este vento.

Coma sempre, o Estraviz recolle:


Garroas
s. f. pl.

Vento forte durante o Verão.

Para nós non é un vento forte, máis ben é un vento refrescante. Non sei si na costa é forte, aínda que pode ser perigoso si ven de golpe cando o mar está en calma.

A este tempo chámanlle o propio verán, tres ventos no día. Norte pola mañán, gharroa a mediodía e norte de novo á tardiña. Ben, o norte é leste.

nailla dixo

McMill, teño varias cousas "atrasadas" que comentarche!
Sobre a palabra "illola" (embarcación para enredar) que dicías que aparecía nunha copla, penso que a escrita correcta pode ser "iola". No dicionario de catalán (Institut d'Estudis Catalans) veñen recollidos os termos "iol" (veler d'esbarjo) e "iola" (embarcació elegant al servei del capità d'una nau). Pode ser que a "iola" carcamana conecte con algún destes significados?
Sobre "xavoco", vén recollido no dicionario de portugués (Porto Editora) co significado de ordinario e groseiro. Non sei se a expresión "rir coma un xavoco" que propoñías pode estar relacionada... o significado que a min me deron na Arousa é "rir coma un tonto".

nailla dixo

Sobre xavoco, tamén me dixeron que é un "aboafé", un ignorante que fala "a rumbo", sin ton nin son.

McMill dixo

'Ilhola' ('illola' en normativo RAG-ILGA, vamos) sempre o escoitei con ese fonema [/lh/-/y/-/ll/... que alguén apunte o caracter estándar]. Caso de provir do catalán, sería por vía retranqueira: ao que nós chamamos "illolas" na Arousa son catro táboas que aboien, na práctica: un rectángulo ou trapecio e outras táboas perpendiculares, sen ter nin que ir curvadas. Portanto nen vela nen especial elegancia :D (alén, claro, da elegancia intrínseca das cousas sinxelas).

McMill dixo

Por outra banda pode ser ben posible que o termo vinhese dos cataláns, coma as conservas, a valoración do marisco, ou varias artes de pesca, coma o 'chinchorro', que tamén pasou a Venezuela (non sei por qué medio) e agora é como chaman alí ás 'hamacas' de rede.

McMill dixo

Ía enviar tamén dúas palabras de cando a Arousa era máis agrícola que hoxe; pero xa vin que saen en varios dicionarios: "orxo" > cebada en castelán, e "seifa" (ven como "ceifa" en dicionarios de galego e portugués > 'sega' ou 'siega').

José Luís do Pico Orjais dixo

Que bem MacMill que ponhas o de Orjo. Quando havia pouco que comer na Arousa fazia-se pão de orjo, o urdium latino, por isso urdiales e o apelido acastrapado Orjales, o meu. Os da Arousa ensinaram-me até a chamar-me, por isso eu sempre assino Orjais, a grafia correcta.
A espanholização dos apelidos galegos afectou também ao apelido Arousa. Há 997 pessoas apelidadas Arosa na Galiza e nenhuma Arousa. A percentagem maior de gente com o apelido Arosa dá-se em Vialaboa e Meanho. Na Ilha só há três. Podeis ver o listado completo por concelhos na página do Cesga ou no enlace do meu site http://sites.google.com/site/ilhadeorjais/Home

McMill dixo

Significativo que para tantas palabras que non saen nos dicionarios de "galego oficial" tenhamos que ir aos de portugués.

McMill dixo

Que curioso!
E urdir / urdidumbre / urdidume provén do latín "urdium" ?

Ah, o de "xavoco" ou "xavoca" quedara-me atrás: nada distinto de como o escoito. Dubidaba de se era algún animal (algún paxaro p.ex.), pois sempre o escoitei relacionado coa risa (rir coma umha xavoca, es umha xavoca -despois da risa-). Non crin que fose sinónimo directo de parvo ou tonto...

Na Arousa dixo

Xa vos dixera aí atrás nun comentario que o novo Dicionário Electrónico Estraviz é UMA EXPLOSOM DE LUZ NO UNIVERSO DA LÍNGUA

http://www.estraviz.org

Mira McMill o que di:

Xabouco
s. m.

(1) Segunda cria que fazem as abelhas.

(2) Enxame pequeno produzido por uma colmeia.

(3) Túçaro: é um xabouco para o trabalho.


adj.

(1) Parvo, babeco.

(2) Grosseiro, ordinário

nailla dixo

Dicionario de ausencias. Pendentes de contrastar e anotar: larada, ratán e estrola.

McMill dixo

Ratán non ven no Estraviz, en castelán si, e é un tipo de vimbio. Moitas garrafas do vinho barateiro era envasado nelas, e pode ser que daí provenha. Escoitei-no a xente da comarca; en todo caso non sei se por te-lo escoitado na Arousa mesmo.

Anonymous dixo

mallante din que só se usa na illa,
é unha palabra bonita. cómo lle chamarán nos demais sitios á marca da marea na praia?

nailla dixo

Dicionario: "beldro" e "mallante" veñen recollidas no Ir Indo. Pero si que son moi da Arousa...
"Larada" tamén aparece, pero co significado de fogueira. O sentido que lle dámos nós á palabra, equivalente a "borracheira", será figurado?

Anonymous dixo

vale a palabra "langrán"? eu creo que nunca o escoitín fóra da Arousa, entendo por pesona pouco traballadora o rei pedro, e agora acábome de dar conta que "rei pedro" tamén é unha expresión nósa

nailla dixo

-"Langrán" non vale, porque xa sae en todos os dicionarios (non é só da Arousa). E "Rei Pedro" xa está incluida no apartado de "Fraseoloxía".

Anonymous dixo

A illa é un recuncho lingüistico inexplorado para o Galego, xa que aquí, coma en outros moitos pobos costeiros da Galiza, falamos un importante número de palabras referidas ao mar qe non estan recollidas no dicionario da RAG. Sen ir mais lexos, atopamos artes de perca (Pex. O Curricán) Ou de peixes (Piarda, Roncon.. )
Imaxino qe este problema repetirase en todo o territorio Galego, polo que podemos dicir qe o Idioma Galego é moitisimo mais rico do qe recollen as institucions correspondentes.

nailla dixo

Piarda vén recollida no Ir Indo. En canto teña as definicións precisas de curricán e roncón, engádoas. Graciñas pola túa achega.

Juan dixo

Cando algo está perfecto decimos que está mallado. Sinónimo de fetén en castelán.
En cambio no diccionario só atopei as acepcións de golpeado, canso e abatido, con referencias á malla do trigo.
Probablemente mallado como algo perfecto faga referencia ao peixe cando queda ben enganchado na malla.
Sempre pensei que era termo galego; pero ao non atopalo no diccionario comezo a pensar que se poida tratar dunha palabra arousán.

nailla dixo

Últimas entradas engadidas: patente e abella de San Pedro.

Juan dixo

Hoxe mentras escribía algo xurdeume a palabra guicho que non atopei nun diccionario, se ben o corrector noa marcou como incorrecta. Trátase de "guincho". Chamábamoslle "ginchos" ás cunchas dos moluscos e dabámoslle este nome ás cunchas coas que os fabricantes parcheaban as pozas dos camiños. Tamén protestabamos cando unha praia tiña moitos ginchos que se clavaban nos pés: "clavéime cun gincho"

Anónimo dixo

http://www.estraviz.org/guincho
http://www.estraviz.org/guicho

Tamén saen no Digalego de Ir indo

http://digalego.com/

Guicho sae na edición impresa do xerais.

Anónimo dixo

pelijata!! Creo que todos sabemos o que significa!! solo o usamos en femenino, un bo nome pa unha jata (aínda que posiblemente se acabe chamándolle "Pili"). Busquin por pelijata e peligata e non encontrin nada máis que a dorna de Estefan e o patrón maior :D

http://dorna.coag.es/gl/embarcaciones/289/

nailla dixo

A "pelighata" xa está incorporada. Admítense enmendas na definición.

dimetiamin dixo

Máis información sobre roncón, tamén coñecido como peixe porco (Balistes capriscus)

http://www.larompiente.com/pezn.asp?id=22

http://www.fishbase.org/Summary/speciesSummary.php?id=7327&lang=spanish

dimetiamin dixo

Curricán máis ca unha arte de pesca e unha técnica de pesca con diversas modalidades, de superficie, de fondo, de altura...

Tamén se usa esta palabra en moitos países de fala hispana.

http://es.wikipedia.org/wiki/Pesca_al_curric%C3%A1n

E ti que dis?

A responsabilidade dos comentarios é unicamente de quen os escribe. A dirección eliminará os comentarios que estime conveniente. As peticións para borrar comentarios non serán atendidas. A participación implica a aceptación destas condicións.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...